PRESENTACIÓN
Nesta sétima edición de “Son da aldea” adicaremos o encontro científico a pensar a relación entre os animais e os humanos no meio rural, é dicir, ao importante papel dos animais na vida humana dos diferentes contextos rurais, especialmente o galego. Cal o papel das vacas, dos cabalos, dos burros, dos cans, das galiñas, dos gatos, das pombas, dos porcos, das abellas, do lobo, do raposo... nas economías rurais? Como se transformou ese papel e como esa transformación reflicte mudanzas sociais e culturais moi profundas? Os animais son unha parte esencial do planeta que sofren as novas relacións entre cultura e natureza, ás veces depredadoras. Que importancia teñen os animais nas culturas de traballo do rural? Para debater e dialogar sobre estas e outras cuestións convidamos algúns investigadores sociais, escritores, intelectuais e axentes sociais de desenvolvemento rural que teñen traballado, pensado, escrito e reflectido sobre algúns destes problemas. O ambiente informal do encontro posibilitará o diálogo horizontal e o “encontro” entre persoas sensibles á materia do rural. Sen presa e devagar produciremos entre todos ideas chave para comprender mellor a problemática relación entre humanos e animais.
PROGRAMA
16.30 H: Recepción de participantes
17.00–20.00H: Mesa redonda: “Os animais e os humanos no meio rural”
Moderadores:
Santiago Prado (Universidad Internacional de La Rioja - España)
Xerardo Pereiro (UTAD/CETRAD - Portugal)
Participantes:
José Antonio Cortés Vázquez (Antropólogo, Universidade da Coruña – Bolseiro Posdoutoramento InTalent UDC-Inditex): “De animais, humanos e naturezas”
Xosé Manuel González Reboredo (Antropólogo, Instituto das Identidades – Museo do Pobo Galego): “Máis alá dos labregos. Interpretacións ideoloxico-identitarias de vacas, cabalos e porcos na Galiza contemporânea”
Miguel Nóvoa (AEPGA – Associação para o Estudo e Proteção do Gado Asinino, Miranda do Douro – Portugal) (por confirmar): “De burros e outras coisas”
21.00 H: Cea con produtos de Aldea e encomenda
Resumo do evento disponível em: https://cetrad.utad.pt/local/public/assets/img/documentos/6cV_RESUMO%20ENCONTRO%20CIENTÍFICO%20DE%20SON%20DE%20ALDEA%202017.pdf
Parceiros do Evento: UTAD - Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro ;
Programa do Evento: SON D´ALDEA - VII EDICIÓN (Encontro Científico)